Dicionario contrastivo de valencias verbais: español-alemán (2002-2010).
Destinatarios e uso
O Dicionario contrastivo de valencias español-alemán concebíuse fundamentalmente para falantes de español que estudan alemán como segunda lingua, sendo por este motivo un instrumento de aprendizaxe e ensino. Ademais de servir a aprendices e profesores de alemán, pretende ser útil tamén a tradutores e outros estudosos da gramática constrastiva español-alemán.
O DCVVEA non só pon a disposición dos usuarios un conxunto de datos dificilmente accesíbel noutras obras lexicográficas, senón que ademais pretende contribuír ao progreso da lexicografía monolingüe e bilingüe do español e do alemán.