BabelBrain - O cerebro de Babel: Cartografía de ecoloxías multilingües
Investigadores/as visitantes
Actuais
Hannah Treadway (University of Florida, EE.UU.)
Hannah Treadway é doutoranda en Lingüística hispánica na University of Florida, onde desenvolve a súa investigación no Bilingual Sentence Processing Lab e no Brain, Language, and Bilingualism Lab. O seu traballo emprega técnicas neurais e conductuais (EEG, eye-tracking) para caracterizar como os atributos sociolingüísticos do contexto multilingüe, medidos a través de corpus, redes sociais persoais e instrumentos de entropía e diversidade lingüística, se reflicten na neurocognición durante o procesamento bi-/multilingüe. A súa tese doutoral explora como a variabilidade entre comunidades e entre individuos no code-switching español-inglés, documentada en corpus, se manifesta no seu procesamento. O seu traballo avoga por un enfoque socialmente fundamentado do estudo do multilingüismo en contextos experimentais.
⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹