BabelBrain - O cerebro de Babel: Cartografía de ecoloxías multilingües
O equipo
M. Carmen Parafita Couto (IP)
✉ mcarmen.parafita.couto@usc.gal
ORCID: 0000-0001-7306-3393

M. Carmen Parafita Couto é actualmente unha investigadora distinguida na Universidade de Santiago de Compostela, España, a través do programa ATRAE. Ata agosto de 2025, foi profesora universitaria no Leiden University Centre for Linguistics da Universidad de Leiden, ao que continúa vinculada como investigadora invitada. Obtivo o seu título de doutoramento en Lingüística pola Universidad de Kansas (EE. UU.) en 2005. As súas investigacións céntranse en estudar e comprender as prácticas multilingües, e, en especial, o cambio de código ou code-switching. Estas investigacións lévanse a cabo mediante enfoques comparativos e intercomunitarios que exploran as súas dimensións sociais, cognitivas e estruturais. Traballou con diversas comunidades multilingües en contextos que van desde Europa e América ata África Occidental. Coorganizou numerosas conferencias e talleres sobre o code-switching, como o Lorentz Workshop on Key debates in code-switching research (Leiden, 2018), o SMART Cognitive Science Workshop: Code-switching, syntactic theory and cognition (Ámsterdam/Leiden, 2021) e o Advancing code-switching research (Vigo, 2022).
⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹
Lucía Vieitez Portas (Investigadora posdoutoral)
ORCID: 0000-0002-4883-2362

Lucía Vieitez Portas é a investigadora posdoutoral do proxecto BabelBrain (Universidade de Santiago de Compostela). En 2025, finalizou o seu doutoramento en Psicología Experimental cunha tese titulada "Neural and behavioural correlates of gender agreement processing in emotional words". Ata o momento, as súas investigacións examinan como variables tales como a emocionalidade das palabras, o tipo de xénero (arbitrario ou natural/biolóxico) e o valor ou clase de xénero (p. ex., feminino e masculino), así como as diferenzas interindividuais, afectan ao procesamento da concordancia de xénero. O seu traballo é intrínsecamente interdisciplinar, xa que integra enfoques da Psicoloxía, a Lingüística e a Neurociencia Cognitiva.
⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹
Sabela Morais Martínez (Estudante de doutoramento)
✉ sabela.morais.martinez@usc.gal

Sabela Morais Martínez cursou un grao universitario en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios pola Universidade de Vigo e ten un máster en Lingüística Aplicada impartido conxuntamente pola Universidade de Vigo, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de A Coruña. Actualmente é estudante de doutoramento en Lingüística na Universidade de Santiago de Compostela e membro do proxecto BabelBrain, centrado no estudo de prácticas multilingües en Galicia e Xibraltar, dirixido pola investigadora principal M. Carmen Parafita Couto. Presentou o seu traballo en varios congresos internacionais, entre eles o Congreso Internacional de Lingüística General (2023, Universidad Complutense de Madrid; 2025, Universidad de Alicante).
⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹
Hugo Parra (Estudante de doutoramento)

Hugo Parra graduouse en Lingüística pola Université de Lille e fixo un máster en Lingüística pola Université Lyon Lumière. Na actualidade é estudante de doutoramento en Lingüística na Universidade de Santiago de Compostela (USC) e forma parte do proxecto BabelBrain, adicado ao estudo de prácticas multilingües en Galicia e Xibraltar, dirixido pola investigadora principal M. Carmen Parafita Couto. Tamén participou no proxecto de investigación PHC Franco-Thaï, en colaboración co CNRS (Centre National de la Recherche Scientifique) e a Universidade de Chiang Mai, centrado nas prácticas multilingües na cidade de Chiang Mai.
⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹⊹