Eventos
Como investigar con corpus. A cociña do lingüista: ingredientes, receitas e segredos da capacidade lingüística
Do 6 ao 10 de xullo de 2026
Facultade de Filoloxía, aula C01
30 horas lectivas
25 prazas
Baixo o título oficial Como investigar con corpus, esta edición adopta a metáfora da "Cociña do lingüista" para convidar aos participantes a "meter as mans na masa" da investigación lingüística. O curso está dirixido a un público diverso (estudantes de bacharelato e universitarios, profesorado de ensino medio e persoas interesadas) e propón entrar na botica da ciencia para vivir o proceso desde dentro: non nos limitaremos a "consumir" datos, senón que aprenderemos a coñecer e seleccionar os ingredientes (unha rigorosa tipoloxía que inclúe oralidade, escritura, dialectos, lingua en desenvolvemento e contacto), preparalos (codificación técnica) e cociñalos e probalos experimentalmente (análise cognitiva) para entender a mente humana.
Micropolíticas lingüísticas familiares de resistencia. Axencia dos proxenitores para a transmisión interxeneracional do galego
Conferencia do Dr. Anik Nandi (Woksen University, Hyderabad, India)
Mércores 29 de abril ás 12:00 na Aula D14 (Facultade de Filoloxía)
Menéndez Pidal y la formación de la Escuela Española de Filología
Conferencia do Prof. José Ignacio Pérez Pascual (Universidade da Coruña)
Xoves 16 de abril ás 9:00 na Aula C10 (Facultade de Filoloxía)
Sobre la importancia de conocer la diversidad lingüística para los derechos laborales, la justicia social, y el bienestar: Las lenguas mesoamericanas entre los trabajadores agrícolas en Oregon, EUA
Conferencia da Prof.ª Gabriela Pérez Báez (Universidade de Oregón)
Martes 28 de abril ás 13:00 na Sala académica (Facultade de Filoloxía)