Grupo de Gramática do Español

Despacho: 132
Teléfono:(+34) 881 811 766

María Sampedro Mella é licenciada en Filoloxía Hispánica pola USC con Premio Fin de Carreria da Xunta de Galicia 2010 e Doutora, con Mención Internacional, en ‘Lingua Española: Investigación e Ensino’ pola Universidad de Salamanca (2016), con Máster en Profesorado (2011) e Máster en Ensino do Español como Lingua Estranxeira (2012) pola mesma universidade.

Entre 2011 e 2021 traballou como docente e investigadora na Universidad de Salamanca, na Universidade de Lisboa e na Université Sorbonne Nouvelle (París), onde impartiu, entre outras, as materias de Lingüística Xeral, Lingüística Española, Análise do Discurso, Español como Lingua Estranxeira, Sintaxe, Didáctica do Español e Escritura Xornalística e Crítica Textual, en distintos graos e másteres. Como investigadora, entre 2017 e 2018 estivo vinculada ao Centro de Linguística da Universidade de Lisboa (CLUL), e entre 2018 e 2021 á unidade CLESTHIA-Langage, Systèmes, Discours da U. Sorbonne Nouvelle.

Dende 2018 é investigadora posdoutoral contratada pola Xunta de Galicia no Grupo Gramática do Español e no Departamento de Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral da USC. Actualmente é investigadora principal (IP) do proxecto Explotación de corpus xerais e de aprendentes para a investigación e o ensino do discurso no español como lingua estranxeira (ELE) financiado pola Xunta de Galicia (ED481D-2022-016).