Grupo de Gramática do Español

Dálle á lingua

Como funciona

Para os bares

As inscricións para participar á primeira edición de Dallé á Lingua están pechadas.

Para o público en xeral

  1. Visita calquera dos bares participantes e pide a túa bebida.

  2. Escanea o código QR que aparece no teu pousavasos. Se non cho dan coa bebida, pídello ao camareiro.

  3. Selecciona no formulario o nome do bar no que te atopas.

  4. Responde a unha breve pregunta sobre idiomas, bilingüismo, procesamiento da linguaxe e moito máis.

  5. Gaña puntos para o teu bar mentres te divirtes e aprendes sobre as linguas, a lingüística e como funciona o procesamiento da linguaxe no noso cerebro.

Podes participar no cuestionario tantas veces como queiras durante as seis semanas que dura o concurso.

A lista de todos os bares participantes estará dispoñible antes de que comece o concurso, que terá lugar ao longo dunha campaña de cinco semanas no outono deste ano (2026). A data de comezo será o sábado 26 de setembro (Día Europeo das Linguas) e a de remate o domingo 1 de novembro.⠀