Grupo de Gramática do Español

Dalle á lingua

Dálle á lingua é un proxecto de divulgación lingüística que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é poñer a lingüística sobre a mesa, literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. Ademais, os bares participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra, na que o seu éxito virá determinado polo rendemento dos seus clientes nun concurso de preguntas e respostas. Os clientes dos bares poderán participar no concurso en liña escaneando o código QR que aparece nunha das caras do pousavasos e respondendo a unha breve pregunta. Deste xeito, o proxecto pretende fomentar conversacións sobre o bilingüismo, os mitos lingüísticos e o procesamiento da linguaxe en contornas distendidas, tendendo unha ponte entre a lingüística académica e a vida social cotiá.