Diagnóstico da competencia lingüística na redacción de textos escritos en alumnos de ingreso da Escola Profesional de Dereito da Universidade Católica Santo Toribio de Mogrovejo.
Este traballo ten como obxectivo diagnosticar as competencias lingüísticas na redacción de textos escritos dos estudantes de primeiro ano da escola profesional de Dereito da Universidade Católica Santo Toribio de Mogrovejo, USAT, coa que a USC colabora neste proxecto.
Proponse a elaboración e o deseño dun corpus froito da análise de redaccións elaboradas polos alumnos no nivel universitario referido. Para iso é necesaria unha tipoloxía do erro formalmente codificada e aplicada ao corpus.
Iso permitirá deseñar un curso lingüístico máis adaptado ás necesidades específicas dos alumnos referidos.
Período de realización: 2013-2016