Grupo de Gramática do Español

María Eugenia Conde Noguerol

Investigadora Asociada al GI Gramática del Español

María Eugenia Conde Noguerol (meugenia.conde@usc.es) é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e doutora en Lingua Española pola Universidade da Coruña, coa tese titulada Los verbos de cambio en español (2013). A súa formación como investigadora iníciase no ano 2004, vinculada ao proxecto Diccionario "Coruña" de la Lengua Española Actual, dirixido por José Álvaro Porto Dapena na Universidade da Coruña. Nese período realiza estancias de investigación na Fundación Rafael Lapesa (RAE, Madrid) e na University of Augsburg (Alemaña).

Foi lectora de español MAEC/AECID na University of Addis Abeba (Etiopía) durante o curso académico 2015/2016 e na University of Malaya, Kuala Lumpur (Malasia), desde o 2016 ao 2019. Foi tamén profesora de español na African Union (Addis Abeba) e na aula Cervantes de Kuala Lumpur. No ano 2018 finaliza o Máster en Español como Lingua Estranxeira e Segunda Lingua na Universidade de Minho (Braga), co TFM titulado La motivación en los estudiantes de español en Malasia.

Na actualidade, as súas liñas de investigación ábrense á aplicación da lingüística de corpus ao ensino de ELE e á descrición sintáctica de elementos gramaticais, tanto en diacronía como en sincronía.

Página en Orcid

Página en Dialnet

Página en ResearchGate

Página en Academia.edu