Grupo de Gramática do Español

Eventos

Xornada de estudos. Anotación e explotación de corpus orais

Xornadas

 

Facultade de Filoloxía, aula B13 Santiago de Compostela, 3 e 4 de outubro de 2019

Programa  
Xoves, 3 de outubro
16:00 -17:00

 

Conferencia de Nelleke Oostdijk (Radboud Universiteit) The Spoken Dutch Corpus revisited

17:00 -17:15

Pausa

17:15 -20:00

 

Taller sobre anotación morfosintáctica [AULA B10] Mario Barcala, Eva Domínguez e Paula Santalla (USC) Factores lingüísticos (categorías e subcategorías, particularidades da lingua oral etc.) e computacionales (fases de traballo, kernel, corpus de adestramento, etiquetador estatístico, regras sintácticas)

 

Venres, 4 de outubro
9:30 - 10:30

 

Conferencia de Nelleke Oostdijk (Radboud Universiteit) Linguistically-motivated annotation: Moving forward

 

10:30 - 11:30

 

Demo de software de anotación automática mediante Linguakit (software libre) Pablo Gamallo (USC)

 

11:30 - 12:00

Pausa café

12:00 - 12.30

 

Shima Salameh Jiménez (Val.Es.Co) Os retos na segmentación e anotación dunha conversa coloquial: cuestións metodolóxicas e estatísticas

12:30 - 13:45

 

Presentación da nova versión do corpus ESLORA Guillermo Rojo e Victoria Vázquez (USC)

 

14:00 - 16:00

Pausa comida

16:00 - 17:30

 

Reunión interna da rede

 

 

Inscrición e certificados

A asistencia ao seminario é de balde. Porén, as persoas interesadas en recibir un certificado de asistencia deberán inscribirse mediante este formulario en liña. O prazo de inscrición estará aberto até o 1 de outubro.

 

Organización

A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39), o Proxecto ESLORA+ (PFFI2017-86379-P), financiado pola AEI e o FEDER, e a Red Temática en Estudios de Análisis del Discurso (FFI2017-90738-REDT).

 

 

Fotos sucesivas. Proxectos para o estudo lingüístico do español de Cuba

Cursos e seminarios

Loisi Sainz Padrón (Universidad de La Habana) Facultade de Filoloxía, sala 114  

Presentaranse os proxectos de investigación lingüística (nacionais e internacionais) nos que participa a Facultade de Artes e Letras da Universidade da Habana xunto con outras institucións como a Academia Cubana de la Lengua e o Instituto de Literatura e Lingüística "José Antonio Portuondo Valdor". En cada caso, ofreceranse os datos relativos á conformación dos corpus e ás temáticas dos traballos realizadas como teses de licenciatura, máster e doctorado. Dedicarase a meirande parte do tempo aos resultados dos estudos de lingüística histórica que toman como fonte documentos cubanos por ser esta o área en que se inscribe a tese doctoral da profesora que impartirá o seminario.

 

Horario
Martes, 16 de xullo de 2019
12:00 - 14:00

 

Organización

A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39) e o Proxecto ESLORA+ (PFFI2017-86379-P), financiado pola AEI e o FEDER.

 

 

CORPUS TEXTUAIS: TEORÍA E PRÁCTICA. Curso de verán

Cursos e seminarios

 

Páxina oficial do curso: CORPUS TEXTUAIS: TEORÍA E PRÁCTICA

Páxina oficial dos cursos de verán da USC

Matrícula (desde o 15 de maio ata o 21 de xuño)

 

 

PROGRAMA

Datas de celebración: 1 a 5 de xullo Lugar de celebración: Sala B13, Facultade de Filoloxía – Santiago de Compostela

Día 1 de xullo

9:00 Inauguración do curso

9:30 – 11:30 A lingüística de corpus na actualidade Guillermo Rojo, USC

12:00 – 14:00 Deseño e construción de corpus (I). Deseño. Representatividade e equilibrio. Codificación externa. Guillermo Rojo, USC María Paula Santalla del Río, USC

16:00 – 18:00 Deseño e construción de corpus (II). Codificación interna. Anotación morfosintáctica. Guillermo Rojo, USC María Paula Santalla del Río, USC

Día 2 de xullo

9:30 – 11:30 Corpus de referencia: CORPES XXI (I). Características do CORPES. Análise de fenómenos léxicos. Mercedes Sánchez Sánchez, Centro de estudos da RAE

12:00 – 14:00 Corpus de referencia: CORPES XXI (II). Análise de fenómenos gramaticais. Búsquedas complexas. Mercedes Sánchez Sánchez, Centro de estudos da RAE

16:00 – 18:00 Corpus de referencia: CORGA. Características do CORGA. Análise de fenómenos léxicos. Análise de fenómenos gramaticais. Búsquedas complexas. María Sol López Martínez, USC Eva Domínguez Noya, Centro Ramón Piñeiro

Día 3 de xullo

9:30 – 11:30 Corpus orais: ESLORA (I). Construcción dun corpus oral. Problemas de codificación e anotación. Victoria Vázquez Rozas, USC

12:00 – 14:00 Corpus orais: ESLORA (II). Análise de fenómenos léxicos. Análise de fenómenos gramaticais. Victoria Vázquez Rozas, USC

16:00 – 18:00 Corpus orais: CORILGA. Antecedentes e obxectivos. Contidos e estrutura. Ferramentas incorporadas e desenvolvidas. Usos e potencialidades. Exemplos de explotación: cambio lingüístico. Exemplos de explotación: variación lingüística. Xosé Luís Regueira, USC Elisa Fernández Rei, USC

Día 4 de xullo

9:30 – 11:30 Corpus de aprendices (I). Os corpus de aprendices. O Corpus de aprendices de español (CAES). Ignacio Palacios Martínez, USC María Sampedro Mella, USC e Université Sorbonne Nouvelle-Paris 3   12:00 – 14:00 Corpus de aprendices (II). CAES: fenómenos léxicos. CAES: fenómenos gramaticais. Ignacio Palacios Martínez, USC María Sampedro Mella, USC e Université Sorbonne Nouvelle-Paris 3  

16:00 – 18:00 Base de datos sintáctico-semánticos: BDS e ADESSE. Obxectivos, contido e estrutura. Verbos e construcións verbais: aspectos léxicos e gramaticais. José María García-Miguel, UVIGO

Día 5 de xullo

9:30 – 11:30 Corpus diacrónicos (I). Os corpus diacrónicos CORDE, CDH E CDEHIST. Fenómenos léxicos. Guillermo Rojo, USC

12:00 – 14:00 Corpus diacrónicos (II). Os corpus diacrónicos CORDE, CDH E CDEHIST. Fenómenos gramaticais. Guillermo Rojo, USC

16:00 – 18:00 Corpus paralelos: PAGES. Motivación do corpus. Estrutura e contido. Problemas na súa elaboración. Utilidade y aplicacións do corpus. Irene Doval Reija, USC Tomás Jiménez Juliá, USC

A utilidade dos corpus paralelos para aprendices de linguas estranxeiras Johannes Graën, Universidad de Zürich  

18:00 Clausura e entrega de diplomas

ORGANIZACIÓN

A actividade conta cun co-financiamento da Deputación Provincial da Coruña.

 

Introdución á Gramática Discursivo-Funcional

Cursos e seminarios

Hella Olbertz (University of Amsterdam / Profesora visitante, Universidade Santiago de Compostela)

Facultade de Filoloxía, aula B03 Santiago de Compostela, 8, 15 e 22 de maio de 2019

CONTIDO:

A Gramática Discursivo-Funcional (Hengeveld & Mackenzie 2008; Keizer 2015) desenvolveuse a partir da súa predecesora, a Gramática Funcional de Simon C. Dik (1997). Estas dúas teorías teñen en común a convicción de que o mellor xeito de entender as propiedades formais das linguas é relacionalas coas categorías pragmáticas e semánticas que son fundamentais na comunicación humana. A Gramática Discursivo-Funcional (GDF) é unha teoría estrutural-funcional da linguaxe que se basea nos coñecementos tipolóxicos que temos das linguas do mundo e que non acepta ningún tipo de universal lingüístico ata que se comproba empiricamente. A teoría non só pretende ser tipoloxicamente adecuada, senón que tamén aspira á adecuación psicolóxica, polo que toma como punto de partida a intención comunicativa do falante. O desenvolvemento do enunciado na GDF comeza coa “formulación” interpersoal (pragmática) e representacional (semántica), que á súa vez forma o input para a “codificación” morfosintáctica e fonolóxica, sendo estes últimos procesos formais que non afectan ao contido do enunciado. En combinación cunha serie de primitivos léxicos e gramaticais, os niveles da formulación e codificación forman a gramática. Esta interactúa con tres compoñentes extralingüísticos: os compoñentes conceptual, contextual e de saída. O curso concentrarase nos niveis interpersoais e representacionais da formulación e na súa interacción cos compoñentes conceptual e contextual.

PROGRAMA:

1ª sesión: O lugar da Gramática Discursivo-Funcional dentro do paradigma funcional 2ª sesión: A estrutura xeral da Gramática Discursivo-Funcional   3ª sesión: Nivel Interpersoal: Movementos e Actos Discursivos 4ª sesión: Nivel Interpersoal: A estrutura interna dos Actos Discursivos   5ª sesión: Nivel Representacional: Contidos Proposicionais e Estados de Cousas 6ª sesión: Nivel Representacional: Propiedades e outras entidades   Horario
Mércores, 8 de maio
16:00 - 19:30
Mércores, 15 de maio
16:00 - 19:30
Mércores, 22 de maio
16:00 - 19:30

 

Inscrición e certificados

A asistencia ao seminario é de balde. Porén, as persoas interesadas en recibir un certificado de asistencia deberán inscribirse mediante este formulario en liña. O prazo de inscrición estará aberto até o 7 de maio.

Lectura previa

Hengeveld, Kees & Mackenzie, J. Lachlan. 2008. Functional Discourse Grammar: a typologically based theory of language structure. Oxford: Oxford University Press. Capítulo 1, “Introduction”, pp. 1–45.

Lecturas recomendadas

—García Velasco, Daniel. 2014. “Activation and the relation between context and grammar”. Pragmatics 24, 297–316. —Hengeveld, Kees & Keizer, Evelien. 2011. “Non-straightforward Communication”. Journal of Pragmatics 43, 1962–1976. —Hengeveld, Kees & Mackenzie, J. Lachlan. 2010. “Functional Discourse Grammar”. In: Heine, Bernd & Narrog, Heiko (eds), Oxford Handbook of Linguistic Analysis, 367–400. Oxford: Oxford University Press. —Hengeveld, Kees & Mackenzie, J. Lachlan. 2011. “La Gramática Discursivo-Funcional” [Spanish translation of Hengeveld & Mackenzie (2010), by Daniel García Velasco]. Moenia: Revista Lucense de Lingüística y Literatura 17: 5–45. —Hengeveld, Kees & Mackenzie, J. Lachlan. 2014. “Grammar and Context in Functional Discourse Grammar”. Pragmatics 24.2, 203–227. —Keizer, Evelien. 2015. A Functional Discourse Grammar for English (Oxford Textbooks in Linguistics). Oxford: Oxford University Press. —Mackenzie, J. Lachlan. 2016a. “A first history of Functional Grammar”. In: Assunção, Carlos & Fernandes, Gonçalo & Kemmler, Rolf (eds), History of Linguistics 2014: Selected Papers from the 13th International Conference on the History of the Language Sciences (ICHoLS XIII), Vila Real, Portugal, 25-29 August 2014 (Studies in the History of the Language Sciences 126), 233–245. Amsterdam: Benjamins. —Mackenzie, J. Lachlan. 2016b. “Uma primeira história da Gramática Funcional”. [Portuguese translation of Mackenzie (2016a) by George Henrique Nagamura]. Guavira Letras 22: 123–135.  

Organización

A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39).

   

 

 

O traballo de campo lingüístico e as linguas amazónicas

Cursos e seminarios

Pilar Chamorro Fernández (Assistant Professor of Linguistics, University of Georgia)

Facultade de Filoloxía, aula B03 Santiago de Compostela, 20 e 21 de maio de 2019

CONTIDO:

O curso céntrase na investigación das linguas amazónicas como exemplo claro de linguas en perigo de extinción, das que se coñece pouco ou nada. Tratarase a importancia da documentación e a investigación con propósitos teóricos. Para isto, estudiaremos e discutiremos os métodos e as ferramentas empregados no traballo de campo lingüístico realizado dentro de comunidades lingüísticas na Amazonía. Algúns dos aspectos que se tocarán durante o curso son os seguintes:

  1. Cuestións éticas e loxísticas propias do traballo de campo con comunidades indíxenas.
  2. Vantaxes do traballo de campo teoricamente informado: obxectivos e preguntas de investigación
  3. Preparación para a ‘elicitación’ de datos lingüísticos: o traballo con falantes nativos, cuestionarios, gravación, transcripción e almacenamento de datos.
  4. Transcripción de datos, glosas e tradución (libre) ao español
  5. Creación de dicionarios e gramáticas a. Aplicación do noso coñecemento como lingüistas para analizar de xeito sistemático os datos recollidos. Isto implica o diálogo do investigador con teorías lingüísticas á hora de describir a lingua do estudo, poñer a proba prediccións co obxectivo de chegar á mellor análise posible.
Horario
Luns, 20 de maio
10:00 - 14:00
Martes, 21 de maio
10:00 - 14:00, 16:00-18:00

 

Inscrición e certificados

A asistencia ao seminario é de balde. Porén, as persoas interesadas en recibir un certificado de asistencia deberán inscribirse mediante este formulario en liña. O prazo de inscrición estará aberto até o 19 de maio.

Organización

A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39) e o Proxecto ESLORA+ (PFFI2017-86379-P), financiado pola AEI e o FEDER.