Grupo de Gramática do Español

Fotos sucesivas. Proxectos para o estudo lingüístico do español de Cuba

Cursos e seminarios

Loisi Sainz Padrón (Universidad de La Habana) Facultade de Filoloxía, sala 114  

Presentaranse os proxectos de investigación lingüística (nacionais e internacionais) nos que participa a Facultade de Artes e Letras da Universidade da Habana xunto con outras institucións como a Academia Cubana de la Lengua e o Instituto de Literatura e Lingüística "José Antonio Portuondo Valdor". En cada caso, ofreceranse os datos relativos á conformación dos corpus e ás temáticas dos traballos realizadas como teses de licenciatura, máster e doctorado. Dedicarase a meirande parte do tempo aos resultados dos estudos de lingüística histórica que toman como fonte documentos cubanos por ser esta o área en que se inscribe a tese doctoral da profesora que impartirá o seminario.

 

Horario
Martes, 16 de xullo de 2019
12:00 - 14:00

 

Organización

A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39) e o Proxecto ESLORA+ (PFFI2017-86379-P), financiado pola AEI e o FEDER.