Mar Campos Souto
Profesora de Lingua Española na Universidade de Santiago de Compostela desde decembro de 2003, institución na que anteriormente exerceu como profesora asociada (desde outubro de 1996). Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade da Coruña en 1992 (con premio extraordinario) e doutora en Filoloxía Hispánica no ano 2001 pola Universidade da Coruña (coa tese titulada "El Memorial de virtudes de Alfonso de Cartagena: edición y estudio", que obtivo premio extraordinario). A súa investigación céntrase na lexicografía, especialmente na vertente histórica (como coordinadora do equipo de lexicografía do DHLE), e na morfoloxía léxica diacrónica. É codirectora da Revista de Lexicografía (da que fo secretaria, dende a súa fundación) e ata xaneiro de 2023 formou parte do comité científico da Biblioteca Nacional de España.