Grupo de Gramática do Español

O traballo de campo lingüístico e as linguas amazónicas

Cursos e seminarios

Pilar Chamorro Fernández (Assistant Professor of Linguistics, University of Georgia)

Facultade de Filoloxía, aula B03 Santiago de Compostela, 20 e 21 de maio de 2019

CONTIDO:

O curso céntrase na investigación das linguas amazónicas como exemplo claro de linguas en perigo de extinción, das que se coñece pouco ou nada. Tratarase a importancia da documentación e a investigación con propósitos teóricos. Para isto, estudiaremos e discutiremos os métodos e as ferramentas empregados no traballo de campo lingüístico realizado dentro de comunidades lingüísticas na Amazonía. Algúns dos aspectos que se tocarán durante o curso son os seguintes:

  1. Cuestións éticas e loxísticas propias do traballo de campo con comunidades indíxenas.
  2. Vantaxes do traballo de campo teoricamente informado: obxectivos e preguntas de investigación
  3. Preparación para a ‘elicitación’ de datos lingüísticos: o traballo con falantes nativos, cuestionarios, gravación, transcripción e almacenamento de datos.
  4. Transcripción de datos, glosas e tradución (libre) ao español
  5. Creación de dicionarios e gramáticas a. Aplicación do noso coñecemento como lingüistas para analizar de xeito sistemático os datos recollidos. Isto implica o diálogo do investigador con teorías lingüísticas á hora de describir a lingua do estudo, poñer a proba prediccións co obxectivo de chegar á mellor análise posible.
Horario
Luns, 20 de maio
10:00 - 14:00
Martes, 21 de maio
10:00 - 14:00, 16:00-18:00

 

Inscrición e certificados

A asistencia ao seminario é de balde. Porén, as persoas interesadas en recibir un certificado de asistencia deberán inscribirse mediante este formulario en liña. O prazo de inscrición estará aberto até o 19 de maio.

Organización

A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39) e o Proxecto ESLORA+ (PFFI2017-86379-P), financiado pola AEI e o FEDER.