Eventos
¿Como avaliar a familiaridade con unidades léxicas na área de saúde?
A conferencia foi cancelada. Sentimos as molestias.
Conferenciante: Prof. Natalia Castillo Fadic (Pontificia Universidad Católica de Chile, Santiago) Título: ¿Cómo evaluar la familiaridad con unidades léxicas en el área de salud? Propuesta de un instrumento para realizar tests de tamizaje Día e hora: mércores 30 de novembro ás 13:00 Lugar: B13 - Sala de videoconferencias
Seminario sobre Language Regard
Dennis R. Preston (Regents Professor of Linguistics, Oklahoma State University)
Salón de Graos da Facultade de Filoloxía,Santiago de Compostela, 13-15 de xullo de 2016
ProgramaMércores, 13 de xullo | |
10:00 - 12:00 | What is language regard and why do we need a new term when we can already have the perfectly good “language attitudes”? Why study regard? Ethnographic and social psychological reasons seem obvious – applied ones perhaps less so, although the idea that we should do linguistic engineering without knowing what people believe about language seems short-sighted if not naïve. Finally, are there any good reasons within more general linguistic theory and linguistic description that justify it? What sorts of studies and traditions (sociolinguistic, ethnographic, anthropological, ideological, social psychological, folk linguistic, perceptual dialectological, etc…) lie behind it and what have been their principal findings? |
Xoves, 14 de xullo | |
10:00 - 12:00 |
How to do it
What to think about (the “independent variables”) and how they may guide and be guided by research techniques.
|
Venres, 15 de xullo | |
10:00 - 12:00 | What are the prospects for future work? New topics New areas and/or groups New opportunities for interdisciplinary collaboration New techniques for collection and interpretation etc… And how might the work you do or want to do contribute, use, or fit in? |
A asistencia ao seminario é de balde. Porén, os interesados deberán inscribirse mediante un formulario en liña. O prazo de inscrición comeza o día 27 de xuño e estará aberto até o 11 de xullo.
OrganizaciónSeminario organizado polo grupo de investigación Gramática do español (proxecto O estudo da lingua oral: explotación e análise de corpus - ESLORA2, ref. FFI2014-52287-P).
Estudantes indíxenas na Universidade Michoacana (México). Crenzas lingüísticas en torno ás linguas orixinarias e o español
Conferenciante: Prof. Araceli Enríquez Ovando (Universidad Michoacana de San Nicolás de Hidalgo) Título: Estudantes indíxenas na Universidade Michoacana (México). Crenzas lingüísticas en torno ás linguas orixinarias e o español Día e hora: venres 29 de abril ás 12:00 Lugar: aula D10, Facultade de Filoloxía
Resumo:XII Encontro de Morfólogos
O XII Encontro de Morfólogos terá lugar na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, do xoves 5 de maio ao venres 6 de maio de 2016. O tema elixido é Procesos morfolóxicos. Zonas de interferencia, de modo que o obxectivo principal consiste en prestar atención aos límites entre os diversos procesos morfolóxicos. Como é habitual, a xornada académica desenvolverase ao longo do venres 6 de maio e está destinada tanto a investigadores como a estudantes. A asistencia ao Encontro é totalmente libre e non ten cota de inscrición.
Os Encontros de Morfólogos veñen celebrándose anualmente desde o ano 2005 en diversas universidades españolas e reúnen a todos aqueles investigadores cuxo ámbito de estudo é a morfoloxía teórica ou a morfoloxía do español. Nos foros anuais danse cita tanto investigadores nacionais como estranxeiros de moi diversas adscricións teóricas e metodolóxicas. Os encontros naceron baixo o amparo da Rede temática de morfoloxía e difúndense tanto a través desta rede como do blogue MORFORETEM. Neste blogue pódense atopar informacións relevantes para os morfólogos que se ocupan do español e doutras linguas (publicacións, xornadas, congresos, ferramentas informáticas, etc.).
Ademais dos cinco relatorios, haberá espazos dedicados á presentación de pósteres, como se fixo nos últimos encontros. A sección de pósteres está aberta a todos, especialmente a doctorandos e investigadores novos. Os organizadores animámosvos a presentar proxectos en fase de realización.
Para facilitar a organización, o período de presentación de propostas de pósteres quedará fixado entre os días 11 de xaneiro e 20 de marzo de 2016. Os interesados deben facerlle chegar a Yolanda Iglesias Cancela, por 12encuentro [dot] morgmail [dot] com (correo electrónico) e antes da data de peche, os seguintes datos: autor ou autores da proposta, título do póster, dirección de contacto e un breve resumo dunhas 10 liñas.
Máis información en http://bdme.usc.es/cms/?xii-encuentro-morfologos/xii-encuentro-morfologos-presentacion.html
A terminoloxía como chave para a inserción disciplinar: un estudo na comunidade disciplinar da psicoloxía
Título: A terminoloxía como chave para a inserción disciplinar: un estudo na comunidade disciplinar da psicoloxía Conferenciante: Sabela Fernández Silva (Pontificia Universidad Católica de Valparaíso) Lugar: Aula C07, Facultade de Filoloxía Data: 7 de outubro de 2015 ás 11:00 Resumo: Nesta charla abordarase o papel da terminoloxía na adquisición do coñecemento especializado dunha disciplina e nas dificultades que presenta aos estudantes que se insiren nunha comunidade disciplinar. Por iso, apresentamos unha investigación sobre variación terminolóxica na disciplina da psicoloxía, na que se caracterizou o seu papel na construción do coñecemento especializado nos textos e se avaliaron as necesidades de estudantes de primeiro ano no manexo da variación terminolóxica en tarefas de comprensión e produción de textos. Para rematar, reflexionase sobre como se debe representar a variación terminolóxica nun posible dicionario de aprendizaxe da psicología.