Presentación

O Grupo de Investigación Gramática do español (referencia USC GI-1372), integrado na actualidade por 21 membros, constituíuse inicialmente ao redor do estudo da gramática do español e os seus fundamentos teóricos. Posteriormente ampliou os seus intereses a áreas relacionadas, como son a construción de bases de datos sintácticos, morfolóxicos e léxicos, a elaboración de corpus textuais tanto escritos como orais, o desenvolvemento de gramáticas formais e o deseño de aplicacións para a extracción automática de información e minería de datos.

Desde a súa creación o grupo levou a cabo un bo número de proxectos competitivos e participou en redes de ámbito nacional e internacional. A experiencia adquirida e os resultados acadados permitiron así mesmo o establecemento de convenios e contratos con entidades externas para a creación de recursos lingüísticos e bibliográficos de acceso libre e interese xeral.

Código: GI-1372

Nome longo: Gramática do Español

Departamento: Lingua e literatura españolas, Teoría da literatura e Lingüística xeral

Contacto: Victoria Vázquez

Telf. [+34] 881 811 813