Syntactic database of contemporary Spanish (1988-2001).
Consultas
Quen teña certa familiaridade co manexo de bases de datos electrónicas e coñeza a organización e codificación da BDS pode obter dela as referenzas textuais e características dos exemplos que cumpren as condicións especificadas polo usuario. Así, por exemplo, dado que a BDS contén campos nos que se fai figurar a forma verbal da cláusula fichada e tamén da cláusula da que depende, é posíbel obter os casos nos que aparece unha determinada correlación temporal en certo tipo de cláusulas ou estudar as variacións que se rexistran no corpus (anunció que se acercaba / acerca el momento de...). De xeito semellante, é posíbel obter información acerca dos esquemas que presentan as oracións condicionais, os casos de certas perífrases verbais, as oracións consecutivas, as de construción pasiva, as que presentan duplicación dalgún complemento, etc. Todo ilo, por suposto, para un texto determinado, todo o corpus ou certo tipo de textos.
Dado que o núcleo do proxecto radica na estrutura da cláusula e o réxime verbal, preparamos algúns programas que, mediante un sinxelo sistema de menús, permítenlle a calquera usuario autorizado obter datos de interese sobre cuestións como, entre outras, as seguintes:
Esquemas sintácticos nos que aparece un verbo determinado no corpus.
Subesquemas sintácticos nos que se localizou un verbo determinado.
Verbos que foron rexistrados en certo esquema ou subesquema sintáctico.
Casos dun verbo nun certo esquema ou subesquema co texto correspondente.
Verbos que aparecen no corpus en dous esquemas ou subesquemas sintácticos determinados.
En todos os casos aparecen as indicacións estatísticas pertinentes, de xeito que o usuario pode coñecer, por exemplo, cantas veces apareceu un verbo no corpus, cantos deses casos corresponden a cada esquema e subesquema que presenta (e a porcentaxe que supoñen con respecto ao total do verbo e ao total do esquema, respectivamente).