Gari-Coter: Multilingual creation and integration of Galician linguistic resources for RI through terminological and discoursive control strategies in specialised communicative fields (2004-2008).
Vocabulario de economía
Obtívose un vocabulario de economía coa seguinte descrición: consta de 6.046 termos, cada un asociado a información sobre lema, clase de palabra, definición, equivalencias noutras linguas (non en todos os casos), sinónimos e hiperónimos (non en todos os casos). Son termos que consideramos garantidos en tanto que termos do ámbito da economía en galego, porque se obtiveron de fontes previas moi fiables, que reelaboramos e ampliamos para adecuar aos propósitos deste proxecto. As fontes empregadas foron en concreto as seguintes:
Eiras Rey, A.: Dicionario de economía, en prensa.
Formoso Gosende, V. (coord.) (1997): Diccionario de termos económicos e empresariais galego-castelán-inglés. Santiago de Compostela: Confederación de Empresarios de Galicia.
Servizo de Normalización Lingüística, Universidade de Santiago de Compostela
Queremos expresar aquí o noso agradecemento a todos eles, e especialmente ao Servizo de Normalización Lingüística, cuxa contribución foi fundamental.