Grupo de Gramática del Español

Introdución á Gramática Discursivo-Funcional

Cursos e seminarios

Hella Olbertz (University of Amsterdam / Profesora visitante, Universidade Santiago de Compostela)

Facultade de Filoloxía, aula B03 Santiago de Compostela, 8, 15 e 22 de maio de 2019

CONTIDO:

A Gramática Discursivo-Funcional (Hengeveld & Mackenzie 2008; Keizer 2015) desenvolveuse a partir da súa predecesora, a Gramática Funcional de Simon C. Dik (1997). Estas dúas teorías teñen en común a convicción de que o mellor xeito de entender as propiedades formais das linguas é relacionalas coas categorías pragmáticas e semánticas que son fundamentais na comunicación humana. A Gramática Discursivo-Funcional (GDF) é unha teoría estrutural-funcional da linguaxe que se basea nos coñecementos tipolóxicos que temos das linguas do mundo e que non acepta ningún tipo de universal lingüístico ata que se comproba empiricamente. A teoría non só pretende ser tipoloxicamente adecuada, senón que tamén aspira á adecuación psicolóxica, polo que toma como punto de partida a intención comunicativa do falante. O desenvolvemento do enunciado na GDF comeza coa “formulación” interpersoal (pragmática) e representacional (semántica), que á súa vez forma o input para a “codificación” morfosintáctica e fonolóxica, sendo estes últimos procesos formais que non afectan ao contido do enunciado. En combinación cunha serie de primitivos léxicos e gramaticais, os niveles da formulación e codificación forman a gramática. Esta interactúa con tres compoñentes extralingüísticos: os compoñentes conceptual, contextual e de saída. O curso concentrarase nos niveis interpersoais e representacionais da formulación e na súa interacción cos compoñentes conceptual e contextual.

PROGRAMA:

1ª sesión: O lugar da Gramática Discursivo-Funcional dentro do paradigma funcional 2ª sesión: A estrutura xeral da Gramática Discursivo-Funcional   3ª sesión: Nivel Interpersoal: Movementos e Actos Discursivos 4ª sesión: Nivel Interpersoal: A estrutura interna dos Actos Discursivos   5ª sesión: Nivel Representacional: Contidos Proposicionais e Estados de Cousas 6ª sesión: Nivel Representacional: Propiedades e outras entidades   Horario
Mércores, 8 de maio
16:00 - 19:30
Mércores, 15 de maio
16:00 - 19:30
Mércores, 22 de maio
16:00 - 19:30

 

Inscrición e certificados

A asistencia ao seminario é de balde. Porén, as persoas interesadas en recibir un certificado de asistencia deberán inscribirse mediante este formulario en liña. O prazo de inscrición estará aberto até o 7 de maio.

Lectura previa

Hengeveld, Kees & Mackenzie, J. Lachlan. 2008. Functional Discourse Grammar: a typologically based theory of language structure. Oxford: Oxford University Press. Capítulo 1, “Introduction”, pp. 1–45.

Lecturas recomendadas

—García Velasco, Daniel. 2014. “Activation and the relation between context and grammar”. Pragmatics 24, 297–316. —Hengeveld, Kees & Keizer, Evelien. 2011. “Non-straightforward Communication”. Journal of Pragmatics 43, 1962–1976. —Hengeveld, Kees & Mackenzie, J. Lachlan. 2010. “Functional Discourse Grammar”. In: Heine, Bernd & Narrog, Heiko (eds), Oxford Handbook of Linguistic Analysis, 367–400. Oxford: Oxford University Press. —Hengeveld, Kees & Mackenzie, J. Lachlan. 2011. “La Gramática Discursivo-Funcional” [Spanish translation of Hengeveld & Mackenzie (2010), by Daniel García Velasco]. Moenia: Revista Lucense de Lingüística y Literatura 17: 5–45. —Hengeveld, Kees & Mackenzie, J. Lachlan. 2014. “Grammar and Context in Functional Discourse Grammar”. Pragmatics 24.2, 203–227. —Keizer, Evelien. 2015. A Functional Discourse Grammar for English (Oxford Textbooks in Linguistics). Oxford: Oxford University Press. —Mackenzie, J. Lachlan. 2016a. “A first history of Functional Grammar”. In: Assunção, Carlos & Fernandes, Gonçalo & Kemmler, Rolf (eds), History of Linguistics 2014: Selected Papers from the 13th International Conference on the History of the Language Sciences (ICHoLS XIII), Vila Real, Portugal, 25-29 August 2014 (Studies in the History of the Language Sciences 126), 233–245. Amsterdam: Benjamins. —Mackenzie, J. Lachlan. 2016b. “Uma primeira história da Gramática Funcional”. [Portuguese translation of Mackenzie (2016a) by George Henrique Nagamura]. Guavira Letras 22: 123–135.  

Organización

A actividade está organizada polo grupo de investigación Gramática do español (GPC Xunta de Galicia ED431B 2017/39).