A terminoloxía como chave para a inserción disciplinar: un estudo na comunidade disciplinar da psicoloxía
Título: A terminoloxía como chave para a inserción disciplinar: un estudo na comunidade disciplinar da psicoloxía Conferenciante: Sabela Fernández Silva (Pontificia Universidad Católica de Valparaíso) Lugar: Aula C07, Facultade de Filoloxía Data: 7 de outubro de 2015 ás 11:00 Resumo: Nesta charla abordarase o papel da terminoloxía na adquisición do coñecemento especializado dunha disciplina e nas dificultades que presenta aos estudantes que se insiren nunha comunidade disciplinar. Por iso, apresentamos unha investigación sobre variación terminolóxica na disciplina da psicoloxía, na que se caracterizou o seu papel na construción do coñecemento especializado nos textos e se avaliaron as necesidades de estudantes de primeiro ano no manexo da variación terminolóxica en tarefas de comprensión e produción de textos. Para rematar, reflexionase sobre como se debe representar a variación terminolóxica nun posible dicionario de aprendizaxe da psicología.