A versión 2.2 de FreeLing xa contén os ficheiros de análise para Portugués Europeo e Galego desenvolvidos polo Grupo ProLNat. Para coñecer o proceso de desenvolvemento e a avaliación destes módulos, pode consultar este artigo.
Pode obter o software FreeLing desde aquí. Nesta páxina poderá encontrar versións en desenvolvemento das versións para Portugués Europeo e Galego.
Unha vez instalado FreeLing, debe extraer e copiar os arquivos fornecidos por ProLNat dentro da pasta que contén o FreeLing (normalmente /usr/local/share/FreeLing/ seguido por 'gl' ou 'pt'), salvo o ficheiro de configuración (gl.cfg ou pt.cfg), que debe ser copiado no directorio de configuración do FreeLing (/usr/local/share/FreeLing/config/).
Pode descargar os ficheiros do FreeLing aquí.
Pode baixar os arquivos para Portugués Europeo aquí.
Pode baixar os arquivos para Portugués do Brasil aquí. Unha vez que esta versión non é oficial, é imprescindíbel copiar o ficheiro peb.cfg no directorio do FreeLing (/usr/share/FreeLing/config ou /usr/local/share/FreeLing/config).
Os dicionarios creados polo Grupo ProNat foron compilados usando libdb-4-7. Isto significa que se está a utilizar diferentes versións desta libraria, poderá ter que recompilar o dicionario. Só deberá facer isto se os ficheiros FreeLing disponibilizados nesta páxina non funcionan correctamente no seu sistema, mostrando unha mensaxe igual ou similar á seguinte:
DICTIONARY: Error 22 while opening database /usr/share/FreeLing/pt/maco.db
Para compilar o dicionario, debe borrar o ficheiro maco.db e crear un novo executando:
# indexdict maco.db < dicc.src
en cada un dos directorios das linguas (gl, pt e peb).