DepPattern toolkit é unha suite que fornece un compilador gramatical, analizadores morfosintácticos e parsers de dependencias para diversas línguas. É distribuído con unha guía de utilizador [en] (pdf).
O compilador, chamado 'Compi', foi implementado en Ruby. Compi xera parsers en Perl a partir das gramáticas DepPattern. Para escribir gramáticas formais usando DepPattern, vexa por favor o tutorial [en] (pdf).
Ademais, DepPattern realiza análise para 5 idiomas: inglés, español, galego, francés e portugués.
Hai tres demos disponíbeis: unha demo básica que permite analizar varias frases, unha demo con gramática onde o usuario insere a súa propia gramática, e unha demo avanzada para analizar ficheiros de texto.
Clique aquí para descargar o paquete DepPattern, que contén intérpretes multilingües de linguas naturais implementados en Perl e un compilador implementado en Ruby. Os requerimentos da máquina son os seguintes:
Clique aquí para descargar as gramáticas e os ficheiros fonte disponíbeis até agora. Para compilar as gramáticas, siga a guía de utilizador.
# tar xzvf DepPattern.tgz
# cd DepPattern
# sh install-DepPattern.sh
# sh dp.sh
Syntax: dp.sh type_of_output tagger lang file [parser] [grammar]
type_of_output= -a (analysis), -fa (full analysis) -c (tagged text)
tagger= freeling, treetagger
language= gl, es, en, pt, fr
file= path of the file input
parser= path of the parser, or name of the parser generated from grammar
grammar= path of the file grammar
Lea a guía de utilizador para instalar e utilizar o paquete DepGrammar.