Este proxecto foi subvencionado polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
O obxectivo do proxecto é desenvolver un sistema de Busca de Respostas a partir da extracción automática de información ontolóxica e enciclopédica acerca de Entidades con Nome (EN), mediante o uso de recursos como a Wikipedia. O noso traballo focalízase nos seguintes temas: busca de respostas, clasificación e recoñecemento de entidades con nome, extracción de relacións semánticas, extracción de información aberta e parsing sintáctico baseado en dependencias.
Dentro deste proxecto, deseñamos ONTOpedia, uma ferramenta de busca que recupera feitos enciclopédicos básicos (tripletas) a partir dunha voluminosa base de coñecementos (47GB), extraída automaticamente da Wikipedia en catro linguas: inglés, portugués, castelán e galego.
Information Extraction Dependency Grammar Open Information Extraction Named Entity Classification Parsing