Presentación

O grupo de investigación Gramática do español (referencia USC GI-1372), integrado na actualidade por 21 membros, concentra a súa actividade investigadora no estudo da teoría gramatical, a gramática do español e as súas aplicacións a diferentes aspectos.

Despois dunha etapa adicada basicamente a lograr o estabelecemento dunha teoría sintáctica de fondo funcionalista e a comprensión da estrutura da cláusula e a frase nominal, o grupo evolucionou cara a integración nel de todo o marco derivado da lingüística de corpus, de onde resultan recursos como a Base de datos sintácticos do español actual (BDS), dispoñíbel na rede dende hai varios años e con algo máis de 3500 usuarios.

Dese núcleo proceden tamén directamente os traballos levados a cabo nos últimos anos para realizar gramáticas formais para o español, nunha liña da que hai xa aplicación a, por exemplo, direccionamiento de documentación e extracción de información.

Código: GI-1372

Nome longo: Gramática do Español

Departamento: Lingua española

Contacto: Guillermo Rojo

Telf. [+34] 881 811 798