Descrición

O proxecto, iniciado na Universidade de Santiago de Compostela no ano 2002, ten como obxectivo a elaboración dun dicionario contrastivo unidireccional de valencias verbais español-alemán. A descrición léxico-sintáctica combina ia gramática de valencias alemana na versión de Ulrich Engel coa análise contida na Base de Datos Sintácticos do español actual, construída partindo do corpus ARTHUS de español contemporáneo. Este modelo descritivo orixinal aplícase por vez primeira a un proxecto contrastivo no que o español é a lingua de partida.

O obxectivo do proxecto é proporcionar unha información útil no marco da lingüística aplicada á tradución e ao ensino que non se atopa nin nos repertorios lexicográficos nin nas gramáticas constrastivas. O modelo lexicográfico desenvolvido pode servir de base para futuras descricións similares que contrasten o español con outras linguas.

O proxecto recibíu as seguintes subvencións:
  • Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia; 2002-2003 (PGIDIT02PXIA20408AF)
  • Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Xunta de Galicia; 2003-2005 (PGIDIT03PXIA20402PR)
  • Ministerio de Educación e Ciencia + FEDER; 2006-2010 (HUM2006-05776)
  • Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, Xunta de Galicia; 2006-2009 (PGIDIT06PXIB204123PR)