Presentación do proxecto

O proxecto sitúase no ámbito da lingüística de corpus e ten como obxectivo fundamental avaliar as dúas técnicas máis empregadas na obtención de rexistros de fala informal, a realización de entrevistas semidirixidas e a gravación non intrusiva de conversas espontáneas, pois pártese da hipótese de que o emprego dun ou doutro procedemento condiciona as características dos datos obtidos.

Mediante ambos os métodos recompílase un corpus de español falado en Galicia, constituído por dúas submostras comparables en canto á idade, sexo e nivel de estudos dos falantes. Voz e texto codifícanse e alíñanse cos programas Transcriber (para as entrevistas) e ELAN (para as conversas).

Estudaranse, dada a súa especial relevancia na construción pragmática, discursiva e sintáctica do uso oral:

A investigación conta con financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación (FFI2010-17417) durante o período do 01/01/2011 ata o 31/12/2013.