Eventos

Estudantes indíxenas na Universidade Michoacana (México). Crenzas lingüísticas en torno ás linguas orixinarias e o español

Conferenciante: Prof. Araceli Enríquez Ovando (Universidad Michoacana de San Nicolás de Hidalgo)
Título: Estudantes indíxenas na Universidade Michoacana (México). Crenzas lingüísticas en torno ás linguas orixinarias e o español
Día e hora: venres 29 de abril ás 12:00
Lugar: aula D10, Facultade de Filoloxía

Resumo:
A presentación céntrase no tema dos estudantes indíxenas de México que ingresan ao sistema educativo de nivel medio-superior e superior, no que as clases son impartidas só en español. Revisaremos o caso específico da Universidade Michoacana de San Nicolás de Hidalgo (UMSNH), institución á que, segundo os datos dos censos que se amosarán, anualmente ingresan estudantes indíxenas cuxas linguas maternas son distintas ao español. Ao tempo, presentaremos datos das crenzas que teñen os estudantes hispanofalantes da UMSNH en torno ás linguas orixinarias de México, e datos da avaliación dos mesmos estudantes indíxenas acerca do seu dominio do español, que contrastaremos con algúns textos escritos por eles.